Benvidos á Asociación de Profesionais de Turismo da Costa da Morte

Somos unha entidade sen ánimo de lucro que agrupa a profesionais e empresas dedicadas ao turismo na Costa da Morte

Quen somos

Somos profesionais de Turismo
da Costa da Morte

A Costa da Morte é unha rexión costeira situada na provincia da Coruña, en Galicia, que inclúe 17 concellos tanto de costa como de interior: A Laracha, Cabana de Bergantiños Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.

 

O noso territorio é coñecido pola súa beleza natural, de verdes paisaxes e miradoiros espectaculares, natureza agreste e praias salvaxes, cantís impresionantes e unha rica tradición mariñeira.

Pepe Formoso
Presidente – Propietario do Hotel Bela Fisterra, Albergue Bela Muxía e Apartamentos Portocubela.
Julio Castro Marcote
Vicepresidente – Director do Parador da Costa da Morte.
Guillermo Iglesias
Tesoureiro – Propietario do Asteria Beach Caión.
Damián Álvarez
Secretario – CEO de GubemEvent.
Inés Silva
Vogal – Propietaria de ISlow Coliving.
José Ramón Fernández
Vogal – Xerente do Balneario de Carballo.
Rosa Sánchez Martínez
Vogal - Copropietaria de Casa de Trillo.

A nosa misión

A nosa misión é representar, xestionar e defender os intereses dos nosos asociados, fortalecendo a unión e a profesionalización do sector e promovendo un turismo sostible e de calidade, que respecte e poña en valor o noso patrimonio natural e cultural. A nosa xunta directiva está composta por profesionais comprometidos e apaixonados polo turismo na Costa da Morte. Coñécenos!

Somos unha entidade comprometida coa promoción e desenvolvemento sostible do sector turístico na Costa da Morte, a través da unión e a profesionalización dos profesionais do turismo do noso xeodestino. Por isto, e pola nosa profunda crenza nas vantaxes do asociacionismo, formamos parte de diversos entes con incidencia no noso territorio, como son a CMAT (Costa da Morte Asociación Turística), o Clúster de Turismo de Galicia, o GDR Costa da Morte e os GALPs Costa da Morte e Costa Sostible.


Como parte integrante da CMAT, desde APTCM traballamos estreitamente cos axentes públicos para impulsar a competitividade, mellorar a experiencia dos visitantes e promover un turismo responsable que valore e protexa o noso patrimonio natural e cultural. Representamos a APTCM na directiva da CMAT a través de dous membros da nosa propia directiva (presidente/a e secretario/a), e mantemos contacto diario co resto da directiva e coa súa secretaría técnica, ademais de reunirnos mensualmente de xeito presencial, o que garante unha colaboración aínda máis estreita e coordinada.

Convidámosvos a visitar a páxina oficial de Turismo da Costa da Morte para coñecer máis sobre as nosas iniciativas e proxectos conxuntos

Obxectivos

Fortalecer

Fortalecer a unión e a colaboración entre os profesionais do sector, sempre coa mirada posta na mellora da competitividade e na excelencia da experiencia dos visitantes.

Poñer en valor

Poñer en valor e promover o patrimonio natural e cultural da Costa da Morte, asegurando que a súa riqueza sexa recoñecida e aproveitada turísticamente.

Mellorar

Mellorar a gobernanza, a profesionalización e a participación no ámbito do turismo, colaborando con institucións e organizacións de distintos niveis, desde locais ata internacionais.

Impulsar

Impulsar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 nas nosas actividades, co fin de promover un turismo inclusivo e responsable que contribúa á prosperidade económica e social da Costa da Morte.

Actividades

En APTCM levamos a cabo unha ampla gama de actividades para acadar os nosos obxectivos

Organización

Organización de actividades formativas, de dinamización e intercambio de experiencias, sempre buscando a innovación e a mellora continua.

Promoción

Promoción de produtos turísticos autóctonos e apoio a actividades acuáticas e terrestres, así como a dinamización do turismo de reunións e eventos.

Participación

Participación activa en accións de coñecemento, coidado, difusión e posta en valor do patrimonio natural e cultural.

Creación

Participación activa en accións de coñecemento, coidado, difusión e posta en valor do patrimonio natural e cultural.

Colaboración

Colaboración con outros axentes no desenvolvemento de iniciativas turísticas e de desenvolvemento territorial.

Fomento

Fomento do turismo sustentable e inclusivo, que respecte a paisaxe e a identidade da Costa da Morte.

Unha comunidade comprometida co desenvolvemento do turismo na Costa da Morte

Vantaxes de asociarse

Non perdas a oportunidade de formar parte de APTCM, unha asociación desde a que que loitamos pola unión, a profesionalización e o desenvolvemento turístico da Costa da Morte. Xuntos, podemos lograr grandes cousas. Fai clic no botón de abaixo para facerte soci@ agora mesmo!

Socios

Actualmente, formamos parte de APTCM máis de 170 empresas, ao longo de toda a Costa da Morte, creando así unha rede sólida e diversa que contribúe á promoción e desenvolvemento do noso territorio. A súa participación activa e compromiso son fundamentais para continuar fortalecendo o turismo na nosa rexión, garantindo unha experiencia de calidade para os visitantes e un futuro prometedor para os profesionais do sector.

Empresas dedicadas ao turismo na Costa da Morte
0

As últimas novas da Costa da Morte

Novas

Proxectos

Campaña “Meses con R, aposta segura”

Grazas aos convenios de colaboración asinados con Turismo de Galicia, AGADER e a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, levamos a cabo esta campaña que promoveu os produtos do mar da Costa da Morte durante os meses con “R” (de setembro a abril). O noso obxectivo foi poñer en valor a calidade e frescura dos nosos produtos mariños, impulsando o turismo gastronómico na rexión.


Feiras e Eventos

A nosa directiva participou activamente en importantes feiras como Fitur e o Fórum Gastronómico da Coruña. No Fórum Gastronómico, grazas á colaboración coa Deputación da Coruña, presentamos un showcooking destacando dous produtos estrela da nosa gastronomía: os percebes e o pan. Estas participacións fortaleceron a nosa visibilidade e promoveron os atractivos turísticos da Costa da Morte a nivel nacional e internacional.

Edición do libro “A Costa da Morte, confín de Europa”


Publicamos e presentamos publicamente o libro de Xan Fernández Carrera, que foi distribuído aos 17 concellos da Costa da Morte e a cada socio da APTCM. Turismo de Galicia comprometeuse a dixitalizar e traducir esta obra ao inglés, ampliando así o seu alcance e accesibilidade.

Proxectos

GALP Costa da Morte “Tempo de Mar” e GALP Costa Sostible “Temporada de Mar”

Presentamos dous novos proxectos, un ao GALP da Costa da Morte e outro ao GALP Costa Sostible, como desenvolvemento do proxecto piloto “Meses con R, aposta segura”. Estes proxectos, que contan coa aprobación provisional dun financiamento do 87,63% (90.523,10 €) e 87% (69.109,76 €) respectivamente, teñen un importe total de 119.366,50 € para o proxecto da Costa da Morte e de 79.436,50 € para o de Costa Sostible. 

 

Edición dun libro sobre a Gastronomía da Costa da Morte

Contamos co compromiso previo de AGADER para a edición dun libro sobre a nosa gastronomía, escrito por Luis e Alejandro Paadín. Estamos á espera de consolidar este compromiso coa nova Directora de AGADER, o que suporá un paso máis na promoción da nosa oferta gastronómica.

 

Redeseño e Reimpresión do Mapa Turístico da Costa da Morte

Conseguimos o compromiso da CMAT e da Deputación da Coruña para redeseñar e reimprimir os mapas turísticos da Costa da Morte, que se distribuirán entre os 17 concellos os socios de APTCM de cada un deles. Esta colaboración asegura a dispoñibilidade de material actualizado e de calidade para todos os visitantes, contribuíndo a unha mellor experiencia turística.

 

Nós

A nosa misión é representar, xestionar e defender os intereses dos nosos asociados, promovendo un turismo sostible e de calidade que respecte e poña en valor o noso patrimonio natural e cultural.